domingo, julho 03, 2011

HISTÓRIA

Descóbrese que en 1938 os nazis recrutaron o Ministro de Asuntos Exteriores de Polonia 
(Artigo em galego extraído do blog Estouras)

Publicado o 13 de xuño en Историческая память (Fundación Historia)

En 1938 o ministro polaco de Asuntos Exteriores, Jozef Beck, foi recrutado polos nazis. Aparece isto revelado nas confesións do Tenente Xeneral da Luftwaffe, Alfred Gerstenberg, publicadas na colección documental “Tainy diplomatii Tret’ego Reikha: Germanskie diplomaty, rukovoditeli zarubezhnykh voennykh misii, voennye i politseiskie attaché v sovetskom plenu. Dokumenty iz sledstvennykh del” [“Secretos da Diplomacia do Terceiro Reich. Diplomáticos alemáns, Líderes de Misións Militares no Estranxeiro, Agregados Políticos e Militares cativos dos soviéticos. Documentos dos Arquivos de Investigación” (Moscova, 2011), publicado pola “Fundación Democracia”.

Nun interrogatorio do 17 de agosto de 1945, o xeneral Gerstenberg, quen ocupara o posto de agregado das forzas aéreas en Polonia desde 1938, comunicou a seguinte información a respecto do recrutamento de Beck:

«Pregunta: É ben coñecido que Goering visitaba a miúdo Polonia. Realmente o seu único interese en Polonia era a caza?

Resposta: Goering acudía acotío a Polonia e outros países a cazar, mais en realidade el non estaba tan interesado na caza como en usar a caza para agochar as tarefas políticas que levaba a cabo. Antes da miña marcha a Polonia, Goering díxome que viaxaría a Polonia para cazar e facilitar as miñas tarefas.

E de feito, en 1938 Goering chegou a Polonia, onde foi cazar co ministro polaco de Asuntos Exteriores, Beck. Durante esta cazaría Goering deulle a Beck un cheque por 300 mil marcos, despois do cal Beck comezou unha forte amizade con Alemaña.

Pregunta: Como sabe que Goering subornou a Beck?

Resposta: Souben que Beck fora subornado por Goering a través de Moltke, embaixador alemán en Polonia, quen tomou parte na cazaría. Grazas a este contacto Moltke dixo que Beck non fuxiría das nosas gadoupas.»

(Tainy diplomatii Tret’ego Reikka. Moscova, 2011, p. 581. A transcrición está en: TsA FSB. D. N-21147. T. 1. L. 35-53.)

A información sobre o recrutamento de Jozef Beck por parte dos nazis explica moitas cousas da política exterior polaco en 1938 e 1939, segundo Aleksandr Diukov, director do Fondo para a Memoria Histórica. «Cando Alemaña encetou a revisión das fronteiras europeas, Polonia fixou outro tanto», comentou. «Xa que logo, en marzo de 1938, Varsovia organizou unha acción de provocación na súa fronteira con Lituania, dándolle un ultimato en que demandaba que recoñecese oficialmente como territorio polaco a provincia de Vilna, anexionada polas forzas polacas en 1922 e ocupada en 1920. De se negar, Polonia ameazou con declarar a guerra a Lituania. Esta iniciativa recibiu o apoio de Berlín.

Pouco despois, Polonia tomou parte con Alemaña no desmembramento de Checoslovaquia para se apoderar da provincia de Tesin. Polonia foi o agresor de facto. O 20 de setembro de 1938, o embaixador polaco en Berlín, a falar con Hitler, comentou que a postura do seu país paralizara a «posibilidade dunha intervención soviética no tema checo». En marzo de 1939 Polonia situouse de novo no mesmo lado da barricada con Alemaña, apoiando activamente a idea da ocupación húngara da Transcarpacia ucraína.

Cando falan destes eventos históricos, os historiadores polacos tentan convencernos de que, en realidade, durante a década dos 30 Polonia só levou a cabo unha política de “equilibrio” entre Alemaña e a Unión Soviética. No entanto, isto é falso. É doado comprobar que a política exterior polaco corría polo rego dos nazis. A información do recrutamento de Beck explica a razón.»
 
 
 
Comentários da edição de A Página Vermelha: Será que o diretor polaco Andrzei Wajda também irá fazer uma produção milionária sobre a colaboração nazi-polonesa, incluindo a invasão da Tchecoeslováquia por forças nazistas e polacas durante a anexação de Zaolzie?

Nenhum comentário: